Nome: Marta María
Apelidos: Cabeza Simó
e-mail: mcabeza@uvigo.es
Tf: 986812603
Cargo: Profesor Titular de Universidad
Nacida en Oviedo en 1966. Enxeñeira de Minas pola Universidade de Oviedo en 1993. Doutor en Enxeñería de Minas pola Universidade de Oviedo en 1997. O doutoramento, polo que recibiu o Premio Extraordinario da Universidade de Oviedo no bienio 96-97, realizouno no Departamento de Ciencia dos Materiais e Enxeñería Metalúrxica da devandita Universidade.
No ano 1997 traballou no departamento de investigación do Instituto Tecnolóxico de Materiais de Asturias -ITMA- cunha bolsa Postdoctoral.
No ano 1998 incorpórase á Universidade de Vigo como profesor propio, realizando labores docentes e de investigación. Desde o ano 1997 realizou diversas estancias de investigación no Departamento de Materiais da Universidade de Sheffield (UK) e en CNRS en París (Univ. P&M Curiei) e tamén estancias de docencia na Universidade de Piura (Peru) e na Facultade de Enxeñería Mecánica e Eléctrica (FIME) da Universidade de Novo León (México).
No ano 2003 obtén a praza de Profesor Titular de Universidade no Departamento de Enxeñería dos Materiais, Mecánica Aplicada e Construción. A investigación desenvolvida neste tempo estivo orientada fundamentalmente cara ás técnicas de caracterización microestructural dos materiais e a relación que existe entre a microestructura, o proceso de fabricación e as propiedades mecánicas e superficiais.
Na seguinte ligazón atópase información de investigación: ORCID