Formulario de busca

Membro do grupo ENCOMAT

Image

Carmen Pérez

Nome:      Mª del Carmen

Apelidos:  Pérez Pérez

e-mail:      cperez@uvigo.es

Tf:           9868122603

Cargo:      Profesor titular de Universidade


Nacida en Vigo, Pontevedra, en 1966. Licenciouse na Universidade de Santiago de Compostela en 1989. Na mesma universidade acadou o título de Doutora en Ciencias Químicas no ano 1998.

Incorpórase á Universidade de Vigo en 1992 e dende o ano 2000 é Profesora Titular de Universidade no Departamento de Enxeñaría de Materiais, Mecánica Aplicada e Construción de dita Universidade. A súa labor docente desenvólvese na Área de Ciencia de Materiais e Enxeñaría Metalúrxica.

Forma parte do grupo ENCOMAT onde desenvolve a  súa actividade investigadora, centrada no estudo dos fenómenos de corrosión e nas estratexias para a súa prevención. Tamén traballa na caracterización de materiais. Parte da súa carreira investigadora desenvolveuna en diversos centros estranxeiros liderados por investigadores de reconocido prestigio como na University of Southern California  co Prof. Florian Mansfeld  entre 1994 e 1995, e na Universitá degli Studi di Trento  co Prof. Pier Luigi Bonora   no ano 1999.

De 2013 a 2016 foi subdirectora da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Minas da Universidade de Vigo.

Unha información máis detallada da súa actividade profesional atópase nos seguintes enlaces:   Scholar, Scopus, Ordid, RId