Formulario de busca

Membro do grupo ENCOMAT

Image

XRN
X. Ramón Nóvoa

Nome:     Xosé Ramón
Apelidos: Nóvoa Rodríguez
e-mail:     rnovoa@uvigo.es
Tf:          986 812 213
Cargo:    Catedrático de Universidade, Coordinador do Grupo ENCOMAT


Nacido en Dozón, Pontevedra, en 1957, estudou Química na USC, Santiago de Compostela, entre os anos 1975 e 1980.
Entre 1982 e 1984 realizou a tese de doutoramento na ETS de Enxeñeiros Industriais de Vigo, e defendeuna na Facultade de Química da USC en 1984.
Entre 1985 e 1992 realizou diversas estadías de especialización na Universidade de Manchester (prof. Dawson) e no CNRS en París (Univ. P&M Curie, Profs. Keddam e Takenouti).
En 1997 obtivo unha praza de Titular de Universidade no Dpto de Enxeñaría Química da Escola de Enxeñaria Industrial de Vigo. En 1997 promocionou a Catedrático de Universidade no mesmo centro da Universidade de Vigo.
Foi director do Departamento de Enxeñaría Química entre 2009 e 2015, e coordina o Programa de Doutoramento en Enxeñaría Química, e o Grupo ENCOMAT.
A investigación desenvolvida está orientada principalmente á aplicación de técnicas electroquímicas en distintos aspectos da corrosión (formigón, recubrimentos, protección, ...) e tamén no desenvolvemento de electrodos para baterías de ión Li.

Perfís: Google Scholar,  Scopus,   ORCID,  Researcher ID,  Research Gate