Formulario de busca

Membro do grupo ENCOMAT

Image

Pedro Merino

Nome:      Pedro
Apelidos:  Merino Gómez
e-mail:      pmerino@uvigo.es
Tf:           986812229
Cargo:     Catedrático de Universidade Emérito 


Nado en Ourense en 1943. Estudou na ETS de Ingenieros Industriales de Bilbao entre 1966 e 1971. Doutor Enxeñeiro Industrial pola Universidade de Santiago de Compostela en 1987.En 1989 obtivo unha praza de Profesor Titular de Universidade da área de Ciencia de Materiais e Enxeñería Metalúrxica na ETS de Enxeñeiros Industrais de Vigo e en 1995 promocionou a Catedrático de Universidade da Universidade de Vigo.

No ano 2014 foi nomeado Profesor Emérito da Universidade de Vigo e no ano 2015 ingresou como Académico Numerario na Real Academia Galega de Ciencias.  

Foi Director da ETS de Enxeñeiros Industriais de Vigo dende 1989 ata 1994 e Director Comisario da ETS de Enxeñeiros de Minas dende 1990 ata 1994. Foi Vicerreitor de Desenvolvemenento e Transferencia de Ciencia e Tecnoloxía da Universidade de Vigo entre 1998 e 2002 e de Relacións Institucionais dende 2003 ata 2003. No ano 2003 foi nomeado Director Xeral de I+D da Xunta de  Galicia ata o ano 2005 e neste mesmo periodo de tempo, Presidente do Consello de Administración do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA). Dende a ano 2008 ata o ano 2011 foi Vocal Titular da Comisión de Arquitectura e Enxeñería do Programa VERIFICA da Agencia Nacional de Evaluación y Acreditación (ANECA) e entre 2011 e 2013 foi Presidente da devandita Comisión.

A investigación desenvolvida está orientada á enxeñería de superficies para mellorar as propiedades mecánicas, tribolóxicas e de ressitencia á corrosión das aliaxes metálicas, e nos últimos tempos aos materiais compostos de matriz metálica reforzada por partículas cerámicas ou intermetálicas de tamaño mico e nanométrico.