Formulario de busca

Membro do grupo ENCOMAT

Image

Gloria Pena

Nome:     Gloria M.
Apelidos: Pena uris
e-mail:     gpena@uvigo.es
Tf: 986813456
Cargo: Profesora Titular de Universidade

Licenciada en CC Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela en 1985, realizou estudos de Posgrao na EOI (1988). Doutora en Química pola Universidade de Vigo (1994), completou a súa formación na Universidade de Barcelona cunha diplomatura en Caracterización de materiais metálicos (1997).

No ano 1998 obtén a praza de Profesora Titular de Universidade no Departamento de Ingeniería de Materiais, Mecánica Aplicada da Universidade de Vigo, desenvolvendo a súa actividade docente en distintas titulacións de grado, mestrado e doutoramento.

A súa actividade investigadora realízase no grupo ENCOMAT desde a súa constitución, en estreita colaboración co centro tecnolóxico AIMEN e o CENIM. Comezando co estudo da pasividade en aliaxes metálicas, desenvolveu diversos proxectos relacionados coa utilización de técnicas de modificación superficial (implantación iónica, Láser, FSP) para a mellora das características mecánicas, tribolóxicas e de resistencia á corrosión dos materiais metálicos. Na actualidade, o seu traballo céntrase nos materiais compostos de matriz metálica reforzados con nanopartículas, elaborados mediante pulvimetalurxia e soldados mediante FSW.

Foi xestora do “Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica” (INCITE) da Xunta de Galicia (2006 - 2011) nas áreas de Tecnoloxías de Materiais e Construción ao longo dos anos 2000-2006. Entre os anos 2014-2018 exerceu o cargo de Secretaria Xeral da Universidade de Vigo.

Enlaces:
https://scholar.google.com/citations?hl=es&user=3Thk3gUAAAAJ&view_op=list_works
https://publons.com/researcher/2086996/gloria-pena-uris/
https://www.scopus.com/authid/detail.uri?authorId=7006496012
https://orcid.org/0000-0001-5058-485