Nome: Mª del Carmen
Apelidos: Pérez Pérez
e-mail: cperez@uvigo.es
Tf: 9868122603
Cargo: Catedrática de Universidade
Nacida en Vigo, Pontevedra, en 1966. Licenciouse na Universidade de Santiago de Compostela en 1989. Na mesma universidade acadou o título de Doutora en Ciencias Químicas no anxo 1998.
Incorpórase á Universidade de Vigo en 1992 e no ano 2000 acada a praza de Profesora Titular de Universidade no Departamento de Enxeñaría de Materiais, Mecánica Aplicada e Construción de dita Universidade. No ano 2019 promocionou a Catedrática de Universidade no mesmo Departamento. A súa labor docente desenvólvese na Área de Ciencia de Materiais e Enxeñaría Metalúrxica.
Forma parte do grupo ENCOMAT onde desenvolve a súa actividade investigadora, centrada no estudo dos fenómenos de corrosión e nas estratexias para a súa prevención. Tamén traballa na caracterización de materiais. Parte da súa carreira investigadora desenvolveuna en diversos centros estranxeiros liderados por investigadores de reconocido prestigio como na University of Southern California co Prof. Florian Mansfeld entre 1994 e 1995, e na Universitá degli Studi di Trento co Prof. Pier Luigi Bonora no ano 1999.
Foi subdirectora da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo durante os anos 2013 a 2016.
Unha información máis detallada da súa actividade profesional atópase nos seguintes enlaces: Scholar, Scopus, Orcid, RId